15 abr 2023

OBRADOIRO CON MARK RITCHIE

O venres 14 de abril, realizamos o Obradoiro de Biblioteca Creativa “Colaxe e fotografía” co fotógrafo Mark Ritchie.

O alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria puideron disfrutar e crear composicións utilizando materiais variados, como distintos tipos de papel, ramas, follas, tapas de botellas, periódicos,…

Unha vez elaboradas foron levadas á Caixa de luz e fotografaron a súa creación utilizando unha cámara réflex apoiada nun trípode.

Unha xornada chea de imaxinación e creatividade!!!

Foi un pracer contar coa presenza de Mark no noso centro!!!

Obradoiro Colaxe e Fotografía de Biblioteca Seis do Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario