14 abr 2023

MARÍA CANOSA CO CLUB DE LECTURA

O Club de Lectura de Adultos “Ás seis no Seis” tivo un encontro literario coa escritora María Canosa para falar do seu libro “O lado do que dormes”.

Explicounos que o libro xurdiu da súa experiencia persoal no que pretendía amosarnos a realidade e visibilizar os micromachismos.  Aínda que María tivo a sorte de educarse nun entorno igualitario foi cando comenzou a traballar como enxeñeira na obra cando se percatou desta situación.

Falamos dos distintos personaxes, da elección do título do libro e dos temas que se plantexan na novela.

Rematou asinando cada un dos exemplares e no libro de visitas.

Foi unha tarde moi amena na que compartimos tertulia, café  e doces!!!

Grazas María por compartir con nós o teu tempo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario