“Toda sociedade precisa coñecer e interpretar o mundo para desenvolverse
nel de forma satisfactoria. A ciencia é un xeito especial de coñecemento do
mundo que se desenvolveu en Occidente desde o Renacemento e eclosiona coa
Modernidade nos séculos XIX e XX. É responsable do noso progreso tecnolóxico e
industrial, pero tamén foi da man do complexo tecno-militar desde o século XVI,
da consolidación do capitalismo e da expansión colonial europea. Toda esta historia
está reflectida nas bibliotecas e fan que debamos volver a elas continuamente. Tamén
está reflectida na tradición oral, nos hábitos e na cultura material”.
Felipe Criado-Boado
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en colaboración coa
Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense
impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a
modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi
premio nacional de investigación 2023.
O manifesto para
este ano 2024, abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder
sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría
de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais,
relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as
bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas
web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores
científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros
educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.
FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN
GALEGO NAS BIBLIOTECAS
MATERIAIS: MES
DA CIENCIA EN GALEGO