Neste mes de marzo, iniciamos a actividade “As familias contan”, dentro do programa “Lectura e Familias”, na que convidamos ás familias a vir contar un conto ás clases do seus fillos/fillas na Hora de Ler.
Elina, nai de Lucas, 3º Primaria, foi a encargada de inaugurar esta tempada, contándonos “Sementes de papel”. Grazas por compartir a lectura e o teu tempo con nós!!!
Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, “Sementes de papel”, de Baía Edicións, é una fábula que busca espertar a curiosidade cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza. A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E, ao mesmo tempo, é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo.
Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?
No hay comentarios:
Publicar un comentario