8 mar 2023

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”, recoñece e homenaxea ás mulleres e ás nenas e as organizacións de mulleres e feministas que están loitando polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital.

Explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén porá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.

Incorporar de forma transformadora a perspectiva de xénero na innovación, a tecnoloxía e a educación dixital axudaría a que as mulleres e as nenas tomen maior coñecemento sobre o seus dereitos e a potenciar o exercicio destos e o seu activismo. Os avances da tecnoloxía dixital ofrecen novas posibilidades para resolver os retos humanitarios e de desenrolo  para facer realidada os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

As crecentes desigualdades son cada vez máis evidentes no contexto das habilidades dixitais e o acceso ás tecnoloxías, unha fenda dixital que deixa atrás ás mulleres. Polo tanto, o desenvolvemento dunha educación dixital e inclusiva e unha tecnoloxía transformadora constitúe un requisito fundamental para un futuro sostible. 

Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario