28 mar 2023

ENCONTROS PLAMBE 2022/2023

O venres 31 de marzo asistiremos aos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, correspondentes ao curso 2022/2023,  nos que haberá intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional.

Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros...).

Un espazo de encontro no que escribir as bibliotecas escolares de Galicia.

PROGRAMA

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

No hay comentarios:

Publicar un comentario