26 mar 2023

AS FAMILIAS CONTAN

Na semana do 20 ao 29 de marzo recibimos moitas visitas de familias que viñeron con moitas ganas de contarnos un conto e de compartir o seu tempo con nós!!!

Da gusto ver como desfrutan os nenos e nenas cando a persoa que conta é un/unha familiar!!!

As familias contaron:

Carolina, nai de Maxi de 3º de Primaria, contounos a historia  do científico Albert Einstein.

Sonia, nai de Diego de 1º de Primaria, contounos “Ra de tres ollos”, da necesidade de traballar en equipo para acadar solucións e a importancia das tres R, reducir, reciclar e reutilizar.


Kirsa, nai de Noa de 4º de Educación Infantil, contounos un conto moi divertido.

Aurora, nai de Marta, 6º Educación Infantil e de Andrés de 2º de Primaria, contounos “Os meus veciños”, un relato que nos amosa a naturalidade coa que os nenos e nenas ven o mundo.

Amada, nai de Antón, 1º de Primaria, contou “Mi amigo extraterrestre”, unha historia sobre a empatía e a capacidade de autocrítica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario