Recibimos a Silvia e Angel, traballadores do Centro de Día Atendo, e a catro usuarias Tusa, Teresa, Cristina e Consejo, que viñeron ao noso centro a presentarnos a actividade “Nuka na escola”.
A
partir dunha presentación sobre Roboterapia (terapia que usa robots con forma de persoa ou animal para traballar con nenos/nenas e persoas maiores), explicáronnos moitas cousas e presentáronnos
a Nuka.
Pero,
quen é Nuka? Nuka é unha cría de foca robot equipada con sensores que reacciona con sons e movementos ao contacto e a
voz humana. Ven de Xapón e o seu creador é Takanori Shibata.
Todo o alumnado de 1º de Primaria tivo a oportunidade de peinar e acariciar á Nuka. Que
momentos tan especiais poidemos desfrutar!!!
Foi un encontro interxeneracional máxico no que estivo moi presente o cariño, a complicidade e moitas apertas establecéndose entre todos e todas un vínculo emocional!!!
Ao remate, cada neno/nena recibiu como agasallo un debuxo para colorear.
Grazas por visitarnos e por ensinarnos este maravilloso proxecto!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario