22 mar 2023

VISÍTANOS O HEMATOCRÍTICO

A nosa biblioteca engalanouse para recibir ao escritor, “O Hematocrítico”, autor de “Alcaldesa Vermella” e de “Axente Riciños. Misión Princesa”, dous libros que os nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutaron lendo na aula  durante este curso.

Eles foron tamén os/as protagonistas deste encontro, participando e  preguntando todo o que lles gustaría saber sobre os libros, contos e biografía do escritor.

Descubriu que o seu verdadeiro nome é Miguel López, dato que moitos dos cativ@s xa coñecían; sorprendeunos contando que foi mestre de Primaria pero que agora só se adica á escritura (chistes en internet, artigos en revistas, libros para adultos e infantís, …). Eso sí, gústalle que todo o que escribe teña un toque de humor!

Aprendimos sobre o traballo dos seus ilustradores e tamén houbo momentos para a reflexión: por que os nomes das princesas dos contos os coñecedes todos pero os dos príncipes que amoso na pantalla, non tanto?, en que se parecen o Lobo Feroz dos contos e o Coyote de Correcaminos?, … Así foi fiando máis fino ata chegar á explicación de por que elixiu determinados personaxes e vestiario.

Asinou nos exemplares do alumnado e no libro de visitas. Foi un pracer telo de novo no noso centro!!! Grazas Miguel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario