Familias que nos acompañaron neste mes de marzo e contaron un conto:
Juan
Carlos, pai de Nora, 4º de Edº Infantil, “Los tres osos”, un conto popular inglés
no que os osos reciben unha visita que altera a tranquilidade do seu fogar.
Elina,
nai de Lucas, 5º de Edº Primaria, contounos “As pescadoras”, unha adaptación
dun conto tradicional da India, que destaca polo seu poder evocador dos
sentidos a través da decrición de lugares, sons, aromas… así como unha
minuciosa escenografía con pequenas figuras, personaxes, obxectos e adornos
alaborados con madeira, cartón, aramios ou elementos textiles.
Carlos, avó de Antón, 5º de
Edº Infantil, contounos a historia de “A máscara do león”.
Cintia, nai de Erea, 5º de
Edº Infantil,
falounos de Tuco e Tico, dous monos que teñen en común a árbore na que viven e
os seus veciños. Tuco é tranquilo e Tico é inquieto. Poderá a amizade
superar as súas diferencias?. “Déixame en paz”.
Jose,
pai de Luis, 1º Edº Primaria, unha fermosa historia para darse conta de todo o
que pode perderse se deixas que os teus medos te deteñan,“E se me come unha
balea?”.
Na
clase da súa filla Noa de 2º Primaria, contoulles “Daniela pirata e a bruxa Sofronisa”. Á bruxa non lle gusta que a xente sexa feliz e quere que Daniela e
os piratas do Caimán deixen de sorrir.
Nati,
nai de Alicia, 5º Edº Infantil, un fermoso álbum sobre o nacemento do arco da
vella, “Sete dentes de león”. Esta historia sucedeu cando o mundo era gris. A
vella tivo sete soños durante sete noites e naceron sete dentes de león que
acenderon o mundo.
Sonia,
nai de Xoel, 5º de Edº Infantil. Unha divertida historia contada en verso, “Conejo
y sombrero”, na que acompañado do seu outro fillo Diego fixo varios trucos de
maxia.
Ana
Paula, nai de Eneko, 6º de Edº Infantil, ”A canción do cambio”, un himno
ilustrado que a autora adica aos nenos e nenas que desexan alzar a súa voz para
conseguir un mundo mellor.
Alejandro, pai de Nora, 4º
de Edº Infantil, “Lola busca el arcoíris”. A lola gústanlle os arcos da
vella máis que nada no mundo. Busca as cores por todas partes e comenza a súa
aventura. Lola non se rinde, quere un arco da vella para ela soa.
Grazas
por compartir con nós o voso tempo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario