8 mar 2024

8M: DÍA DA MULLER

O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Investir nas mulleres: acelerar o progreso”.

Nun mundo que se enfronta a múltiples crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero e o benestar da muller en todos os ámbitos é máis crucial que nunca si queremos xerar economías prósperas e conseguir un planeta saudable.

Sen embargo enfrentámosnos a un desafío clave: non existe financiación suficiente en materia de xénero e contamos cun alarmante déficit anual de 360.000 millóns de dólares en medidas de igualdade de xénero para 2030.

Estas son as cinco áreas que requiren unha acción conxunta para non deixar ás mulleres atrás:

-Investir nas mulleres, unha cuestión de dereitos humáns.

-Acabar coa pobreza.

-Poñer en marcha un financiamento transformador para a igualdade de xénero. 

-Avanzar hacia o desenvolvemento sostible e unha sociedade do coidado.

-Apoiar os feminismos que impulsan o cambio.

A Axenda 2030 marca como Obxectivo número 5Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares e actividades de encontro e empoderamento.

As bibliotecas escolares de Galicia traballan todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario