2 may 2019

LEDICIA COSTAS CO CLUB DE LECTURA


O luns 29 de Abril, o club de lectura de 6º, recibimos a visita da escritora Ledicia Costas para falar do seu libro ”Escarlatina, a cociñeira defunta”.
Nunha sesión moi amena e distendida, Ledicia, respondeu a todas as preguntas que tiñamos preparadas e contounos distintas anécdotas, segredos,…  que lle serven para crear os seus personaxes e as súas historias.
Rematamos degustando unha das receitas que fixo un compañeiro e deixando a súa pegada no libro de lembranzas .
Pasámolo xenial. Grazas Ledicia!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario