1 may 2012

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2012

ESTE CURSO CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO" COA ACTIVIDADE DE 
 APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Cada neno/nena do 2º e 3º ciclo  apadriñou a un/unha do primeiro ciclo,educación infantil e educación especial.Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo de biblioteca.


   Durante a semana anterior asesorámoslles como elexir e contar un conto aos pequenos.Animámolos  a que enviasen pequenas mensaxes segredas  aos seus/súas afillados/as, que o día do libro esperaban expectantes a ver quen os ía recoller.


      Como o tempo non permitiu facer lecturas ao aire libre aproveitamos os distintos espazos interiores do cole para facelo(escaleiras,ximnasio,holl,biblioteca,sala de psicomotricidade)Enchéronse de ledicia,agarimo,..


      Calquer lugar foi bo para ler en compañía,para que cada padriño-madriña agasallara ao seu afillado/afillada cunha boa lectura,na que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de todas e todos @s que fixemos esta festa da lectura. 


      O alumnado de 2º e 3º ciclo coa  súa titora/titor foi á aula correspondente e alí foron presentados ás diferentes parellas ou tríos  e  fomos saíndo ós distintos espazos asignados.
     Cando foi a hora de empezar a ler,comenzou unha música  moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas, escoitando atentamente as historias preparadas e logo agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas.


ESTAS SON AS IMAXES DESA XORNADA TAN ESPECIAL



28 abr 2012

VISITA DE FINA CASALDERREY

O 23 e o 25 de Abril contamos coa presencia de
"FINA CASALDERREY"


O alumnado de 2º,3º e 4º disfrutaron e compartiron coa escritora dúas xornadas moi agradables.
Fina fixo as ledicias de todas as persoas que estabamos na biblioteca....,nenas,nenos,profes.Contounos contos , falou sobre as súas experiencias , sobre a maxia de escribir,con ela rimos i tamén nos emocionamos.
Contestou ás preguntas que lle fixo o alumnado .Finalmente firmou os distintos exemplares dos seus libros.
Pasámolo moi ben!!!!!
Grazas Fina por compartir con nós as túas experiencias i o teu tempo!!!






       Os cinco libros  libros que recomendamos polo Nadal ,que lemos i traballamos  son:

-"Un misterio na mochila de Alba" (5º Primaria)
-"Podesvir" (2º Primaria)
-"Dúas bágoas por Máquina"(4º Primaria)
-"O misterio dos fillos de Lúa"(3º Primaria)
-"Quen me quere adoptar?" (2º Primaria)


INFORMACIÓN SOBRE FINA NA SÚA PÁXINA WEB

(Preme na imaxe)

Unha fermosa Curta de Fina Casalderrey
"DÚAS LETRAS"
Conta a historia da emigración dun fillo e a tristeza da súa nai, a soidade, o amor,a triste espera...

26 abr 2012

OS MAIOS

 
UN MAIO DE VIGO,UN MAIO DE COIA E
  UN MAIO DO .....SEIS

O  Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro : “ O  FIADEIRO”  quere  solicitarlle unha vez máis a súa colaboración  para pedirlle material para facer o luns 30,  o Maio do Seis ( A Porta do Atlántico – As Travesas ) e espantar os meigallos ata o ano que ven aproveitando que xa chegou a primavera e pode haber  unha  boa fin de semana para saír ao campo a recoller de todo.

            Serven todo tipo de flores: calas, pampillos, margaridas, uces, carqueixas, e moitas xestas. Logo, fiuncho, fentos e outros vexetais para enchelo. Cascas de ovos en boas condicións, cascas de laranxas, bugallos, landras,etc. Se fan cos seus fillos e fillas cadeas de flores ensartadas no fío, estaría moi ben. Se alguén quere escribirnos  unhas coplas tamén serían ben recibidas.

                        Facer un debuxo dun maio detrás desta folla –para aproveitar o papel- recortalo  e poñelo nunha exposición na entrada. A botarlle imaxinación.!!!

                   Moitas grazas pola constante colaboración!!!!!!
                                
           Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "Maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.

      Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.

     Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.

       Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.

    Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.


 Un pouco de historia sobre "As festas do ciclo de Maio"

   En Galicia hai varias M
anifestacións:

-Manifestacións agrarias:Alumear o pan(Outes,Rois e Negreira),os ramos(xestas ou codesos nas terras despois de sementalas).

-Manifestacións pecuarias:Enfeitar con flores o gando,as cortes ou apeiros de labranza.

-Manifestacións mariñeiras:Ramos nos barcos ou maios en forma de barco.

-Manifestacións lúdicas:Os arcos(nas prazas e camiños),a árbore de maio(árbore moi alta con pólas só no curuto no que se colgaba un boneco),os maios(maios humanos-persoas cubertas de ramiños e flores-,maios figurados-figuras cónicas ou piramidais cubertas con ramiños e flores,arredor dos cales se cantan coplas-a As Maias-pagás(nenas pedindo froitos e diñeiro) e cristiás(altares engalanados con flores diante da Virxe).

-Manifestacións amorosas:Os primeiros días de maio eran moi axeitados para o amor e a galantería.Os mozos fanlle as beiras ás mozas e namóranas.

-Manifestacións cristiás ou cristianizadas:O Santoral(moitos santos fixéronse cargo da protección de cultivos,animais e sementes),Ramos,cruces e benzóns(a auga bendita,a poliña de oliveira..),As cruces de maio(O 3 de maio foi mudando para facer a exaltación de santa Cruz),Ramos procesionais(procesións portando ramiños e ofrecéndollos aos santos e a Virxe),escenificacións relixiosas(Só se conservan en Laza-Ourense- é unha representación de Adán e Eva mesturado con danzas e os mouros e os cristiáns).



Máis información en "Galicia Espallada"

25 abr 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

O martes 24 de Abril contamos coa presencia de
"SILVESTRE GÓMEZ XURXO"


    Silvestre Gómez Xurxo, é mestre, licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía.
 Autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e de matemáticas na Educación Primaria publicados por Edicións Xerais de Galicia.
O seu primeiro libro foi Conversas do Pai Seixas (1985). Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil e xuvenil: Déixao medrar (Xerais 2000), novela; Ith (Xerais 2001), novela Todo vai ir ben (Xerais 2005) e Ti non xogas(Xerais2011).
      Compartiu co alumnado de 5º de Primaria unha sesión na que falou do seu libro"TI NON XOGAS" e da súa experiencia como escritor,respondendo ás preguntas que lle fixeron.
       Firmou os exemplares do seu libro. Grazas!!!!!


23 abr 2012

23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO 2012

          Hoxe ,23 de abril,celebramos o
 Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor.
Para conmemorar esta data, as Bibliotecas Escolares  de Galicia, recibiron un agasallo de Agustín Fernández Paz .

                                       OS  RÍOS  DA  VIDA

         Din que todas as persoas necesitamos as historias,tanto coma a auga que bebemos,tanto coma o pan de cada día.Que sorte,que sexan tan doadas de conseguir!Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras,esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.

       Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior:a emoción do inesquecible primeiro bico;a voz pausada e sabia do ancián da tribo;as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong;os andares pousóns dos camelos,a avanzaren coa caravana polas areas do deserto;o espanto ante os perigos que a escuridade agocha,nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa;a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos;as vidas de hai mil anos,cando o mundo era doutro xeito;ou as de dentro de mil anos,nun planeta que agoniza;a fascinación polas estrelas,que nos envían luz desde os abismos do espazo-tempo;o desespero de sentirse só entre ríos de xente;o nacemento dunha persoa,a morte doutra;os seres máxicos e os deuses terribles....

      Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces,de linguas,de recendos,de paisaxes....Unha maxia secreta e inesgotable,que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz


22 abr 2012

LETRAS GALEGAS 2012- VALENTÍN PAZ ANDRADE

ESTE ANO O" DÍA DAS LETRAS GALEGAS" ESTÁ ADICADO A
VALENTÍN  PAZ  ANDRADE
"Valentín Paz Andrade!
Biografía e antoloxía
Charo Portela Yáñez
Xerais
Este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista son presentadas por medio de documentos, fotografías e unha completa cronoloxía Unha aventura biográfica apaixonante dun home clave na historia do século XX, que concebiu Galicia como a súa tarefa. Completa o volume unha antoloxía de poemas e artigos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012

PÁXINA OFICIAL

WIKIPEDIA


SEMINARIO GALÁN
(CON ACTIVIDADES EN LIÑA PARA TODOS OS CICLOS, PARA IMPRIMIR,FOTOS,..)

VÍDEOS


TELEXORNAL PAZ ANDRADE- "CPI DOS DICES" EN ROIS.

-
LIM DO "CEIP CONDESA DE FENOSA" DO BARCO DE VALDEORRAS


LIM DO" CEIP FRIÁN-TEIS"


LIM DE FILOMENA MANZANO LASO


21 abr 2012

CONTACONTOS-MARISA IRIMIA

O venres contamos coa visita de
 "M A R I S A    I R I M I A"

       MARISA IRIMIA (Foz, 1969) é licenciada en Belas Artes ,ilustradora, contacontos e animadora da lectura. E autora de numerosas ilustracións para libros de literatura infantil e libros de texto, e adica parte do seu tempo a proxectos didácticos e recreativos de fomento á lectura, en toda a comunidade galega.
    Imparte obradoiros de ilustración en diversos concellos de Galicia e colabora regularmente con varias editoriais(Oxford)  no marco de actividades de animación á lectura e contacontos.
     Fixo dúas sesións de
contacontos para o alumnado de Terceiro Ciclo(5º e 6º de Primaria).


                        Cos seus contos fixo a ledicia d@s alumn@s resultando unha xornada moi agradable.




   Polo seu paso polo cole entregámoslle como agasallo,un diploma e unha camiseta e firmou no libro de visitas.

Moitas grazas!!!!

16 abr 2012

VISITA DE MIRO MAGARIÑOS

Hoxe contamos coa presencia de
 "M I R O    M A G A R I Ñ O S"

              Actor de experiencia teatral con compañías como o Centro Dramático Galego ou Teatro de Morcego, ten grande actividade no sector televisivo galego. No papel de Elías Couceiro, é un dos personaxes máis importantes de “Libro de familia”, e tamén fixo de crego de Portozás en “Mareas vivas”.

        Fundou a súa propia compañía no 1999:

( Preme na imaxe )
Presentounos a obra "MERLOS"

Un espectáculo inspirado no conto "The crows of Pearblossom" de Aldous Huxley.


A merliña Flori e Manolo, o seu merliño non van por aí....folgar porque teñen no seu niño catro ovos que coidar.
Por un descoido,Manolo un enredo vai montar...
pois faltabanlle tres oviños e os teñen que atopar...
coa axuda de Casimiro...
a cousa vaise amañar.....
Pasámolo moi ben!!!!!!!!!!!!!!!!





15 abr 2012

ACTIVIDADES E INVITAD@S NO MES DE ABRIL

           "Abril " mes dos libros e da lectura, faremos moitas actividades: exposicións, libros ao patio, apadriñamentos lectores, visita de autores e autoras,  marcapáxinas, animacións á lectura,...

"Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, un alma que perdoa; destruido, un corazón que chora”.
(Proverbio  hindú)

OS INVITAD@S NA BIBLIOTECA ESTE MES DE ABRIL SON:

"MIRO MAGARIÑOS"
16 DE ABRIL

"FINA CASALDERREY"
23/25 DE ABRIL

 "SILVESTRE GOMEZ XURXO"
24 DE ABRIL


*Exposicións de:
-Novidades.
-Traballos elaborados a partir das lecturas recomendadas.
-Traballos sobre Vigo.
-Coas fotografias do alumnado  co lema:
" En que lugar de Vigo che gustaría ler? "

*Dia do libro (23 de Abril)
Libros ao Patio  e Apadriñamentos Lectores.

*Entrega de diplomas ao alumnado máis lector.

1 abr 2012

2 DE ABRIL:DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

  Todos os anos,o 2 de Abril,o IBBY,celebra o "Día Internacional do Libro Infantil", co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés  Hans Christian Andersen.
     Cada ano,un país membro de dita Organización internacional é o encargado de editar o Cartel anunciador e a Mensaxe a todos os nenos e nenas do mundo.
    Para este ano 2012,a sección de México, distribúe o cartel de Juan Gedovius.
   A mensaxe é de Francisco Hinojosa , poeta, dramaturgo, narrador,editor e ensaista mexicano.
      "Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas"........