ESTE CURSO CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO" COA ACTIVIDADE DE
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Durante a semana anterior asesorámoslles como elexir e contar un conto aos pequenos.Animámolos a que enviasen pequenas mensaxes segredas aos seus/súas afillados/as, que o día do libro esperaban expectantes a ver quen os ía recoller.
Como o tempo non permitiu facer lecturas ao aire libre aproveitamos os distintos espazos interiores do cole para facelo(escaleiras,ximnasio,holl,biblioteca,sala de psicomotricidade)Enchéronse de ledicia,agarimo,..
Calquer lugar foi bo para ler en compañía,para que cada padriño-madriña agasallara ao seu afillado/afillada cunha boa lectura,na que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de todas e todos @s que fixemos esta festa da lectura.
Cando foi a hora de empezar a ler,comenzou unha música moi suave que nos acompañou nas nosas lecturas, escoitando atentamente as historias preparadas e logo agasallaron aos seus padriños/madriñas cun marcapáxinas.
ESTAS SON AS IMAXES DESA XORNADA TAN ESPECIAL
No hay comentarios:
Publicar un comentario