Todos os anos,o 2 de Abril,o IBBY,celebra o "Día Internacional do Libro Infantil", co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.
Cada ano,un país membro de dita Organización internacional é o encargado de editar o Cartel anunciador e a Mensaxe a todos os nenos e nenas do mundo.
Para este ano 2012,a sección de México, distribúe o cartel de Juan Gedovius.
A mensaxe é de Francisco Hinojosa , poeta, dramaturgo, narrador,editor e ensaista mexicano.
"Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchenos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas"........
No hay comentarios:
Publicar un comentario