Chegou febreiro, e con el...o Entroido!🎉
Este mes, a biblioteca transfórmase nun circo máxico onde as pezas de Lego son grandes estrelas.
Únete ao Gran Circo do Seis e deseña a cara dun pallaso usando pezas de Lego. Lembra empregar polo menos tres cores para que o teu pallaso sexa único e especial.
Durante os recreos na biblioteca axuda a construir o circo de Lego: cada man conta para crear un mundo de fantasía e dar renda solta á túa creatividade!. Completa o reto e engade unha nova pegatina á túa folla de retos! 🎪

No hay comentarios:
Publicar un comentario