Durante o mes de xaneiro, a BiblioLab foi un espazo de xogo, creación e aprendizaxe enfocada na convivencia e o respecto. As actividades deseñáronse para fomentar a colaboración, a creatividade e a comprensión de conceptos relacionados coa paz.
Comezamos coa composición
dun quebracabezas temático. Despois, empregamos o Tale Bot para
explorar elementos e personaxes vinculados á Paz.
Unha das actividades máis
creativas foi a decoración de símbolos da Paz. Utilizando unha variedade
de materiais, o alumnado expresou a súa visión da paz a través da arte.
Para estimular o traballo
en equipo e o vocabulario, organizamos xogos de scrabble. Os equipos
traballaron xuntos para construír palabras relacionadas coa Paz, promovendo a
comunicación e a colaboración.
O xogo de dominó
tamén tivo o seu espazo. A simple acción de repartir as pezas converteuse nunha
oportunidade para aprender sobre a importancia de compartir e de traballar
xuntos para alcanzar un obxectivo común. O xogo fomentou o pensamento
estratéxico e a paciencia.




No hay comentarios:
Publicar un comentario