A Radio do Seis volve cunha nova entrega chea de cor, música e alegría. Nesta ocasión, o protagonista é o Entroido, unha das festas máis esperadas do ano.
A clase de 1ºA foi a encargada de preparar un programa para contar como se viviu a semana de Entroido no colexio. A voz dos nenos e nenas encheu o aire de entusiasmo, demostrando que o Entroido é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para compartir, rir e celebrar xuntos.
Agardamos que o desfrutedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario