Queremos agradecer a todas aquelas familias que nos acompañastes durante estes meses compartindo con nós esas lecturas que tanto desfrutamos e coas que pasamos ratos moi agradables e cheos de complicidade.
Grazas por participar nesta fermosa experiencia.
Agardámosvos para o vindeiro curso!!!
Estas son as últimas familias que viñeron contar contos no mes de maio,
dentro da actividade “Familias lectoras”.
Loreto, nai de Teo, 1º de Primaria, contounos a historia dunha vella que
tiña sete soños durante sete días e naceron “Sete dentes de león” que acenderon
o mundo.
Faustino, pai de Denis, 1º de Primaria, contounos o conto de “El Ratón
Pérez”. Que levará gardado na súa mochila o rato Pérez?
Cecilia, nai de Sarah, 1º de Primaria, contounos a historia de “Carabuñas”.
Lara, nai de Lúa, 5º de Edº Infantil, falounos de "O peixe".
No hay comentarios:
Publicar un comentario