Na semana das Letras Galegas, o 16 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º recibiron a Pablo Prado, ilustrador de “Nerea. A invasión dos trastos”.
Nesta historia, Pablo rende unha homenaxe aos seus avós.
Nunha
conversa moi amena foi explicando os elementos que interveñen no processo creativo
dun cómic espertando a curiosidade e o interés na rapazada.
A
medida que debuxaba falounos de duas palabras que non coñeciamos, pregnancia (cualidade
que lle permite a unha figura ser captada de maneira moi rápida e simple) e
pareidolia (producese cando vemos figuras ao mirar un material pouco
estructurado).
Houbo
momentos para as preguntas e dúbidas que tiña o alumnado sobre este cómic que
tanto lles gustou.
Deixou
a súa pegada no libro de visitas. Grazas Pablo por compartir con nós esta
xornada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario