Para rematar o proxecto documental deste curso, a fotografia, na clase de 5º de Edº Infantil traballaron unha última fotógrafa: Caroline South.
Unha fotógrafa inglesa que estudou arte e deseño, á que lle encanta
facer composicións de elementos naturais, sobre todo, atopados. A través
dunha presentación de fotos, coñeceron o traballo desta autora.
E nas vacacións de Semana Santa tiñan que recoller plásticos de cores
das praias.
Tamén investigaron sobre as
cores do Arco da vella e crearon os seus propios con plástico.
Continuaron explorando o traballo da artista xogando cos plásticos de
cor branca para crear composicións e mandalas.
Tamén crearon o marco para a súa foto e o decoraron con formas
diferentes.
Remataron completando unha ficha sobre o traballo de Caroline.
Debuxáronna, escribiron o seu nome e catro palabras claves: fotógrafa, creativa,
composicións e arco da vella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario