6 may 2024

VISITA DE JORGE CAMPOS

O pasado 30 de abril visitounos Jorge Campos para introducirnos no mundo dos cómics e a súa relación co noso PDI OSeisMedia, posto que tanto o cómic como o mundo audiovisual buscan contar unha historia a través das imaxes.

A rapazada puido descubrir como se chama o cómic en diferentes idiomas (banda deseñada, fumetti, cuadrilos, bande dessinée...) e como eses nomes dependen principalmente de como se lle chama ao elemento fundamental que os forma: a viñeta ou o bocadillo.

Tamén nos falou un chisco da produción e edición dos cómics usando como exemplo os que el mesmo creou.

Ademais falounos de diferentes elementos que forman parte dos cómics: viñetas, bocadillos, onomatopeas...

E tras un tempo de preguntas para resolver as inquedanzas da rapazada de 5º, crearon un pequeno bosquexo de 4 viñetas para pechar o obradoiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario