16 may 2024

ENCONTRO LITERARIO CON XABIER DOMÍNGUEZ

O 15 de maio recibimos ao escritor Xabier Domínguez que tivo unha xuntanza co Club de Lectura de 5º para conversar sobre o libro que leron, “Maxia de pedra”.

Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época de romanización.

Explicounos o proceso de creación dun libro e as distintas persoas (redactor, editor, escritor/a… que que son necesarias neste proceso ata que o libro chega ás mans dos lectores e lectoras.

Contounos que os nomes dos seus protagonistas son o da súa filla, Anxela e de amigos e tamen fai unha pequena homenaxe a un profesor de historia, Roberto, que tivera Xabier.

Conversamos sobre os temas que aparecen na obra: relación pai/filla, da importancia da arqueoloxía para coñecer o pasado histórico, a posta en valor do patrimonio, do coidado de medio ambente...

Descubriunos que a segunda parte e, continuación deste libro, é unha nova aventura de Anxela que viaxa a II Guerra Mundial e descobre os tesouros agochados nunha mina abandonada, “Segredos soterrados”.

O alumnado estaba desexoso de preguntar aquelas curiosidades que espertou a súa lectura con diferentes preguntas que remataron coa entrega de agasallos e unha foto co grupo. 

Unha sesión moi amena e agradable!!! Moitas grazas Xabier pola visita!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario