O XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, desenvolverase do 1 ao 17 de marzo, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este ano celebra o seu 25 aniversario
cunha homenaxe aos centros de ensino que participan nesta andaina.
O tema deste ano é A MAXIA.
Ilustración, presentacións de libros, contacontos,
espectáculos, cociña, exposicións ou obradoiros de ilustración, entre outros,
compoñen a oferta de lecer e aprendizaxe arredor dos libros.
Na programación e na ambientación destaca a maxia
con fonda raíz galega: Fraga de Esmelle de Cunqueiro e toda unha variedade de actividades arredor
de magos, bruxos, xacias, sereas, mouras… con narradoras como Paula Carballeira
e Soledad Felloza.
O 8 de marzo, Día da Muller, haberá unha
programación especial que pon o acento na igualdade e nas contribucións das mulleres a través de obradoiros.
Todo o Programa aquí.
Máis información en
No hay comentarios:
Publicar un comentario