O alumnado de 2º de Primaria está traballando a historia da fotografía dentro do marco do proxecto anual “OSEISMEDIA”.
A través da vida da “Fotógrafa Perpetua” de Olaia Sendón, álbum ilustrado que xa se atopa dentro do catálogo da nosa biblioteca, están facendo un percorrido polas fotografías máis importantes do mundo desde a creación deste marabilloso aparello que é a cámara fotográfica.
Coñeceron a Vivian Maier, unha fotógrafa estadounidense que retratou a vida cotiá coa súa cámara Rolleiflex.
E tamén a Luis Ksado, un fotógrafo galego que amosou nas súas fotografías a nosa xente e a nosa terra. Moi coñecido é o seu retrato A Naiciña.
Coa inestimable colaboración das familias, están montando a súa propia exposición polos corredores do centro, facendo unha recreación propia das fotografías máis emblemáticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario