No mes de xaneiro dende os talleres de robótica organizados pola Bibliolab a rapazada de 4º, 5º e 6º de Primaria, estiveron traballando entorno a Paz con diversos obradoiros.
En 4º de Primaria recordaron algúns símbolos da Paz e despois deseñáronos en 3D co obxectivo de crear un colgante para imprimir na impresora. Verdade que fixeron auténticas obras de arte?
Nos curso de 5º de Primaria experimentaron cos efectos ópticos xogando coa luz e a escuridade, programando un holograma dunha pomba mensaxeira de Paz. Na seguinte ligazón podedes desfrutar dun exemplo da súa creación e das mensaxes que nos deixou a pomba: https://scratch.mit.edu/projects/961727854
Queredes desfrutar da experiencia completa empregando unha pirámide holográfica? Na seguinte ligazón tedes o paso a paso: https://youtu.be/fIdq5WDF12M
En 6º de Primaria os obradoiro centráronse no uso de Scracth co fin de crear un videoxogo no que hai que recoller os símbolos da Paz, diferenciándoos dos que non o son. Queres probar os teus reflexos? Aquí tedes un exemplo:
Ademais, tamén construiron un pequeno instrumento musical para tocar o Himno da Alegría, como símbolo de unidade e fraternidade; e para crealo tiveron que programar en Scratch e usar a placa Makey-Makey para conseguir que un trozo de papel de aluminio e un cartón emitisen as notas desta melodía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario