O xoves 22 de febreiro tivemos o pracer de contar coa presenza do escritor Pedro Feijoo que compartiu un encontro literario cos Clubs de Lectura “Ás seis no Seis” do Seis do Nadal e "Café Entre Liñas" do Resío.
Durante máis de dúas horas, Pedro estivo falando sobre o libro “Ninguén
contará a verdade”, Premio Xerais de Novela
2023.
Conversamos sobre corrupción política, da importancia da información e
do control dos medios de comunicación para ter o poder, de como se documentou para
contarnos esta historia, o número de personaxes…
Rematamos esta xornada coa sinatura dos exemplares e repoñendo forzas
cun café e doces.
Grazas Pedro por unha tarde inesquecible!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario