O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio.
Este ano a ONU conmemora un século da
radio como medio de comunicación baixo o lema:
"Un século informando, entretendo e educando"
A radio escolar é hoxe un medio que
forma e educa nos medios de comunicación.
O noso centro participa na iniciativa proposta
pola Asociación Ponte...nas Ondas! cun programa sobre o Entroido.
Nico, Andrea, Mateo e Martina, alumnado de 6º e voluntariado da biblioteca, falan sobre unha figura do entroido vigués, o Merdeiro, e fan unha entrevista a María, unha das primeiras mulleres merdeiras que saíron polo Casco Vello no 2006, ano en que empeza a recuperarse esta personaxe do noso entroido. Parabéns polo voso traballo!!!
FELIZ DÍA DA RADIO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario