O escritor Anxo Iglesias, Premio Merlín de Literatura
Infantil 2022, visitounos o 20 de abril, para presentar ao alumnado de 3º de
Primaria o seu libro “Unha nova dimensión”.
Trátase dun poemario narrativo que vai
dando conta das sucesivas dimensións. Do punto, á liña, da liña ao plano, do
plano ao volume, do volume ao tempo, do tempo á poesía.
Os poemas son moi variados e están cheos
de propostas lúdicas para o lector ou lectora baseadas nos xogos coa linguaxe e
na experimentación formal.
Anxo explicounos dunha maneira moi
lúdica que a poesía é unha forma de expresarnos, de xogar coas
palabras. Dous son os elementos necesarios: imaxinación e creatividadde para
crear e compoñer os nosos propios poemas.
Todas as persoas que estabamos na biblioteca descubrimos fermosas formas de facer poesía!!! Canto disfrutamos e aprendemos!! Grazas Anxo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario