12 abr 2023

LECTURA E FAMILIAS CON SONIA HERMIDA

O martes 11 de abril, grazas ao programa “Lectura e Familias”, recibimos á xornalista e especialista en literatura infantil e xuvenil SONIA HERMIDA.

Tivemos unha charla moi interesante na que nos ensinou diferentes propostas para á animación lectora e fomento da lectura dos nosos fillos e fillas, a importancia da calidade dos materiais que merquemos, de libros que nos fagan pensar, que den lugar a diferentes interpretacións,…libros para todas as idades, moi atractivos, que despertaron a interese e a curiosidade de todos os/as asistentes.

Falounos da importancia da escolla e selección de lecturas para ir conformando as nosas bibliotecas persoais e familiares con diferentes posibilidades de xéneros, narrativa, poesía, banda deseñada… e de temáticas.

Ao longo do seu discurso foi facendo referencia a moitos referentes da literatura  como Bruno Munari, Arnold Lobel,  Astrid Lindgren, Maurice Sendak,…dos contos clásicos,… da arte e dos libros,…

Moitas grazas ás familias que participastes e a Sonia por unha tarde chea de boa literatura!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario