4 abr 2023

LECTURA E FAMILIAS CON SONIA HERMIDA

Continuamos co programa “Lectura e Familias”. Nesta ocasión, unha actividade de formación para as familias.

O vindeiro martes 11 de Abril, teremos unha charla coa especialista en Literatura Infantil, SONIA HERMIDA.

Proporcionará ideas e propostas prácticas sobre como acompañar aos nosos fillos e fillas no seu camiño lector a través das diferentes etapas evolutivas que vai atravesando. Que ler? Cando? Como escoller os títulos?

A través de exemplos prácticos veremos formas de introducir a literatura no día a día do fogar en situacións diversas.

Máis información sobre Sonia Hermida no seu blog

https://soniahermida.com/

DESTINADA PARA ADULTOS/ADULTAS SEN NENOS/NENAS

Día: Martes 11 de Abril

Lugar: Biblioteca

Horario: de 16,00h a 17,30h.

Inscripcións no correo 

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario