10 abr 2023

LIBROS DE FAMILIA CON PABLO OTERO

O xoves 30 de marzo, grazas ao programa “Lectura e Familias”, tivemos o pracer de ter entre nós ao ilustrador e artista visual Pablo Otero.

Explicounos en que consistía un libro obxecto, que materiais se poden empregar e amosounos exemplos con formatos e tamaños diferentes feitos con  materiais de refugallo.

Despois foi o momento de empezar: escollemos os materiais que necesitaríamos para contar a nosa historia: papeis, cartóns, caixas, teas, lá,... Algunhas familias xa tiñan pensado o conto e trouxeron certos materiais(fotos) da casa para argallar os seus relatos.

Creatividade, imaxinación, creacións en familia,…emocións e sentimentos que se manifestaron nestas colaboracións. 

Os productos finais foron espectaculares!!!

Fermosa experiencia que amosa que na biblioteca están presentes todo tipo de linguaxes (oral, escrita, icónica,...) posibilitando múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación.

Grazas a Pablo e a todas as familias que participastes neste obradoiro!!!

Na seguinte presentación podedes ver o proceso de creación en familia.

Libros de familia de Biblioteca Seis do Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario