O voluntariado da biblioteca, o 13 de abril, fixo unha visita ao Centro de Día Atendo. Tanto os usuarios e usuarias como os profesionais que traballan alí recibíronnos con moita ilusión e agarimo.
Contamos
o conto africano “¿Por qué hay tantas piedras en el fondo del río? en
Kamishibai e recitamos varios poemas de Manuel María, Antonio García Teijeiro e
Fran Alonso.
Convidáronnos á merenda. E chegou o momento da lectura compartida:
lémoslles unha páxina dalgúns dos libros que deixamos de agasallo para a súa
biblioteca.
Tusa
foi a encargada de lernos os refráns populares que, entre todos e todas,
tiñamos que completar.
Houbo
momentos para as apertas e agasallos: entregámoslles uns marcapáxinas e tamén
uns pompeiros feitos coa nosa impresora 3D.
Teresa puxo o remate cunhas verbas que nos emocionaron e
agasallaron a cada neno/nena cunhas libretas artesanais feitas por eles e elas.
Moitas
grazas ao Equipo do Centro de Día Atendo!!!
Unha
xornada chea de experiencias, emocións e agarimos!!!
Esta
visita forma parte do proxecto interxeneracional que desenvolvemos dende a
biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario