28 abr. 2015

VISITA DE DANIEL VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS

O luns 27 recibimos a Daniel Viéitez  e Iria Iglesias,
escritor@s e ilustrador@s  que presentaron os seus libros
e explicaron o proceso de creación dos  contos:
as ideas,os textos,os debuxos,a ilustración,....
Remataron debuxando  ao protagonista das historias  despois de respostar  ás diversas preguntas que lle fixeron os nenos e nenas de terceiro sobre o seu traballo.
Iria e Dani trouxeron para a biblioteca os tres libros da colección e un debuxo do raposo Rufo .Moitas grazas!!!!
 Nós fixémoslle entrega dun agasallo.
Son autores da colección O Raposo Rufo,
de Edicións Embora.
Rufo é un peculiar raposo que vive na fraga rodeado de amigos,co que aprenderemos e viviremos  aventuras divertidas e cheas de valores.Cada libro contén unha unidade  didáctica relacionado co contido do conto.
Na súa páxina web poderedes seguir as súas aventuras con xogos,pasatempos,….
Agardamos máis aventuras de Rufo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario