22 abr. 2015

ANXO MOURE NO SEIS

O luns 20 de abril ,ANXO MOURE chegou no seu nubinete cargado de contos e historias que falan de xacias,de lobos,de árbores, de paraugas,......que respetan e coidan o medio ambente,a natureza,... e alimentan a nosa imaxinación .

O primeiro que fixo foi coller o noso paraugas dameaugas que decoramos despois de traballar o conto nas aulas.

«Dáme augas, dáme augas.
Co cantar das túas bágoas
enche ríos enche fontes
cando esvares polos montes»
Grandes e pequenos pasamos unhas sesións moi divertidas e entre historia e historia,acompañamos a Anxo con sons, repeticións, cariciñas,rimos,.....poesía e sentimentos.Grazas !!

Anxo Moure é autor dos libros:"O Carballo con botas",a"A Xacia Luviñas" e "O paraugas dameaugas".


Todos os seus contos forman parte do proxecto
Contos solidarios .

.

Presentación en imaxes da xornada


No hay comentarios:

Publicar un comentario