Desde
1967, o 2 de Abril , coincidindo coa data do nacemento do escritor
danés Hans Christian Andersen, o IBBY
, xunto coa Oepli e as entidades colaboradoras (en Galicia, Galix) promoven
a celebración do "Día Internacional do Libro Infantil".
Cada ano, esta organización internacional
encárgalle unha imaxe e un texto a autor@s de diferentes países. Nesta ocasión
lévanos aos países árabes,á palabra e imaxe creadas por dúas mulleres
representantes da literatura infantil e xuvenil. O texto "Moitas culturas, unha historia" é da escritora
Marwa Obaid , e o cartel é da
ilustradora Nasim Abaeian.
Texto "Moitas culturas,unha historia"
“Falamos
diferentes linguas e vimos de
diferentes
orixes, mais compartimos as
mesmas
historias”
Historias
internacionais… historias
tradicionais
É a
mesma historia que se nos conta a todos
En
diferentes voces
En
diferentes cores
Pero
permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a
mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a
escoitamos
En
diferentes versións de diferentes voces......"
No hay comentarios:
Publicar un comentario