16 abr. 2015

OBRADOIRO DE CONTOS:AMALIA PÉREZ OTERO

O xoves 9 de Abril, tivemos dous obradoiros  da man da escritora AMALIA PÉREZ OTERO para o alumnado de 3º,4º e 5º.
Un obradoiro cheo de aventuras:
"A illa do tesouro"
 
Comezamos o obradoiro co conto de "O pequeno Yared” pois esta foi a porta da miña faceta de escritora.
Continuamos  con  SOÑOS  DE  ALGODÓN e o seu proceso de creación: desde unha idea ata o libro. E, baseándonos no seu relato, creamos contos ilustrados onde o máis importante foi ser un mesmo como así nos contaron os pequenos escritores e escritoras do Seis.
Nalgúns grupos puidemos rematar este rápido encontro co CONTO DOS GORROS inventando unha historia fantástica e totalmente espontánea que introducía ás personaxes co gorro que se lle colocaba.

Un obradoiro de cata de contos
"O lectaurante"
Para pequen@s larpeir@s que entraron na bilio con fame de aventuras.

Despois dunha presentación da xefa de cociña e de colocar as mesas como bo Lectaurante que era (manteis, pratos, vasos...), fixemos unha contada grupal da historia A FLOR MÁXICA: conto sen palabras no que cada neno e nena tiña que “ler” a imaxe que lle tocaba.


Moitas Grazas!!Disfrutamos,imaxinamos  e navegamos  polo mundo máxico  dos contos e das historias.

Amalia é autora de Contos das illas; Soños de algodón; Alba,a princesa das sete coroas; A Xanela e a colección de seis libros nos que o protagonista das historias é o seu fillo Yared. 


Máis información sobre Amalia no blogue  A Palabra Máxica.


1 comentario:

  1. ENCANTADA de compartir estes ratos entre contos, nenos e nenas e millóns de historias que quedan por contar.
    Moi agradecida ao alumnado que o puso todo por se divertir e participar, ás mestras por amosar unha vez máis o bo traballo que desenvolven cada día, a Puri e máis o resto do Equipo Directivo por facer posible este encontro e a Viri por enviarme unha invitación tan marabillosa e conmovedora da súa clase. GRAZAS A TODOS/AS.

    ResponderEliminar