Como xa
ven sendo tradición no noso cole,o 23 de Abril, facemos a experiencia Libros
ao patio e Apadriñamentos Lectores, actividade moi fermosa e emocionante, na que
a maxia da lectura inunda todos os espazos e a todas as persoas que participamos
nesta xornada tan especial.
Grandes
e pequenos agardábamos o Día do Libro para compartir esas lecturas que foron
preparadas con moito cariño e ilusión.
Cada neno/nena de 3º,4º,5 e 6º
apadriñou/amadriñou a un/unha de
educación infantil,1º e 2º. Estas parellas ou tríos foron asignados polo equipo
de biblioteca.
Despois do recreo, as madriñas e os padriños foron
recoller aos afillados e afilladas as súas aulas e tod@s fomos saíndo ao patio
de terra.
Primeiro fixemos unha lectura do texto "O libro que tes ao lado" de María Solar.
Cando foi a
hora de empezar a ler, escomenzou unha música moi suave que acompañounos nas nosas lecturas, escoitando atentamente as
historias preparadas nas que a imaxinación e as verbas fixeron a ledicia de
todas e todos os que participamos nesta festa da lectura.
Rematamos o acto coa entrega dos diplomas e agasallos ás máis lectoras/es.
Logo regresamos ás clases e as afilladas e afillados agasallaron ás súas
madriñas e padriños cun marcapáxinas, que representaban os
distintos personaxes de cómic de cada aula.
Estas son as imaxes da xornada
No hay comentarios:
Publicar un comentario