29 abr. 2014

UN MAIO DEPORTIVO,UN MAIO.....DO SEIS

 
Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "MAIO", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
Os maios acompáñanse habitualmente de coplas cun compoñente satírico que facían relevancia a calquera feito social que acontecese no último ano.
"Ahi ven o maio
de frores cuberto
puxeronse a porta
cantandome os nenos
os puchos furados
pra min extendendo
pedironme crocas
dos meus castiñeiros........"
 
(Luis Emilio Batallán)
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.
En Galicia hai varias Manifestacións:
Agrarias,pecuarias,mariñeiras,lúdicas,amorosas,cristiás,....

Máis información nas seguintes ligazóns:
 GALICIA ESPALLADA
WIKIPEDIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario