Por segundo ano e coincidindo coa celebración
do Día do Libro, visitounos Anxo Moure,"Pescador de contos",que fixo a ledicia de
grandes e pequen@s e disfrutar dunha sesión na que cantamos, bailamos, demos
cariciñas, apertas, repetimos e aprendemos palabras e nomes de lugares,trasmitíndonos
fermosas mensaxes sobre o respeto e o
coidado do medio ambente, o entorno, a natureza e a paz.
Chegou co se batuxo(barca tradicional do río Miño)cheo de aparellos(unha xacia,unha cana de pescar,unha pandeireta,un trasno,......).
Este barqueiriño coa súa cana pesca contos que logo cociña.Alimentan
a nosa imaxinación quedando nos nosos corazóns
e a través das nosas palabras poden voltar
nadar nos ríos,nas lagoas e bañarse nas fervenzas.
Contos e historias que falan de ríos,do lobo
garabelos,das árbores,da paz,......e da "Xacia Luviñas",a xacia das cariciñas,mulleres-peixe
que viven nos ríos e o barqueiriño que coidan a natureza .
E como recordo do seu
paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,firmou os libros aos
alumn@s e tamén no libro de lembranzas.
Grazas Anxo por compartir con nós momentos inesquecibles!!!!!!!
Anxo Moure escribiu"O Carballo con botas"
e"A xacia Luviñas"
Máis información na seguinte páxina:
Preme na imaxe
Presentación en imaxes da xornada
No hay comentarios:
Publicar un comentario