23 abr 2014

ANXO FARIÑA NO DÍA DO LIBRO

Hoxe,23 de Abril,Día do Libro, contamos coa presenza do escritor e ilustrador Anxo Fariña.
      Compartiu unha sesión co alumnado de 6º.
      Falounos sobre un dos seus libros
 "A chave da Atlántida",
 Premio Merlín de Literatura Infantil 2011.

     Explicounos como elaborou os persoaxes,que o inspirou para escribir este libro:os seus desexos de cativo,a pedra da campá das Illas Cíes , ....
     Tamén nos contou cousas sobre a colección
"Os Megatoxos" . 
 Logo chegou a quenda para as preguntas.
Quixeron saber:cando comenzou a debuxar,cantos libros ten publicados,en que se inspira para escribir,último libro que está escribindo,.....
    Rematou facendo  unha ilustración dun dos nosos alumnos caracterizado coma un auténtico robot.
E como recordo do seu paso polo noso cole fixémoslle entrega dun agasallo,firmou os libros aos alumn@s e tamén no libro de lembranzas.
Grazas Anxo!!!
Máis información  sobre Anxo Fariña no Blog
http://megatoxos.blogspot.com.es/
E na súa Páxina Web
http://www.anxofarina.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario