22 abr. 2014

23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO

          Para celebrar o Día do Libro,23 de Abril,
as Bibliotecas Escolares  recibimos  este  agasallo en forma de Marcapáxinas  do escritor Paco Martín.

 Cúmprense 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego e primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988).
                             Co texto O LIBRO!
Presentación "O libro  esculpe  lectores" de María Pousa da Biblioteca BN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario