30 abr 2014

SILVESTRE GÓMEZ XURXO NO "SEIS"

O martes 29 recibimos a visita do escritor  Silvestre Gómez Xurxo,que  compartiu unha sesión co alumnado de 6º para falar do seu libro
"Déixao medrar"
 Silvestre respondeu ás distintas preguntas que lle ían facendo os alumnos e alumnas,explicando distintos aspectos  do libro e agradecendo aos lectores e lectoras o poder compartir e falar sobre os seus libros.
Rematou a sesión asinando no libro dos alumnas/os e tamén no libro de lembranzas.
Unha pequena mostra dos traballos que fixeron os alumnos/as sobre o libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario