22 mar 2023

VISÍTANOS O HEMATOCRÍTICO

A nosa biblioteca engalanouse para recibir ao escritor, “O Hematocrítico”, autor de “Alcaldesa Vermella” e de “Axente Riciños. Misión Princesa”, dous libros que os nenos e nenas de 2º de Primaria disfrutaron lendo na aula  durante este curso.

Eles foron tamén os/as protagonistas deste encontro, participando e  preguntando todo o que lles gustaría saber sobre os libros, contos e biografía do escritor.

Descubriu que o seu verdadeiro nome é Miguel López, dato que moitos dos cativ@s xa coñecían; sorprendeunos contando que foi mestre de Primaria pero que agora só se adica á escritura (chistes en internet, artigos en revistas, libros para adultos e infantís, …). Eso sí, gústalle que todo o que escribe teña un toque de humor!

Aprendimos sobre o traballo dos seus ilustradores e tamén houbo momentos para a reflexión: por que os nomes das princesas dos contos os coñecedes todos pero os dos príncipes que amoso na pantalla, non tanto?, en que se parecen o Lobo Feroz dos contos e o Coyote de Correcaminos?, … Así foi fiando máis fino ata chegar á explicación de por que elixiu determinados personaxes e vestiario.

Asinou nos exemplares do alumnado e no libro de visitas. Foi un pracer telo de novo no noso centro!!! Grazas Miguel.

20 mar 2023

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

No Día Internacional da Narración Oral, conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos.

Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. 

Festival Atlántica, Sete Falares, Falando a Boca Chea e NOGA celebran xuntos esta data.

Nesta edición, o pregón realizouno o narrador José Campanari e lémbranos que o misterio que gardan as historias segue voando polos aires e nos permite ver a vida desde distintas perspectivas. Descúbrenos que hai outros mundos por coñecer. Móvenos a reflexionar sobre as cousas importantes da vida.

O visto, o vivido, o escoitado, o lido forman parte dese repertorio de contos, historias, anécdotas e lembranzas doutros tempos que se comparten de maneira oral acotió.

Fainos gozar dunha viaxe polas emocións da man de mulleres e homes que dedican a súa vida a explorar esta arte de contar historias de viva voz. Profesionais que viaxan polo mundo partillando o son das palabras para que persoas de todas as idades sigamos vivindo e soñando ben espertas.

19 mar 2023

BIBLIOLAB: RETRATOS

Durante o mes de febreiro a programación da BiblioLab centrouse en traballar os Retratos empregando diferentes técnicas e materiais. Unha pequena mostra do que fixemos.

Estudio de fotografía de María Cardarelly: emulamos á primeira fotógrafa de estudio de Galicia, autora duns retratos de Rosalía de Castro, facéndonos fotos no noso estudio empregando as máscaras que fixemos.

Simetrías: propostas de retratos para completar simétricamente.

Colaxe: compoñer retratos orixinais recortando elementos de revistas.

Retratos famosos: eleximos un dos retratos famosos do mundo da arte, e fixemos a nosa propia versión (A Gioconda , retrato de Van Gogh,…).

Entroido Galego: coloreamos e decorar máscaras e retratos  do noso entroido.

Máscaras con caixas de ovos: cortamos e pintamos caixas de ovos para facer máscaras.

Partes da cara con cartón: recortamos anacos de cartón, debuxamos e coloreamos formas das partes da cara e con elas creamos combinacións para facer retratos divertidos.

Xogo para formar caras con pezas imantadas.


18 mar 2023

AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana foron dúas as familias de 3º de Primaria as que nos acompañaron e contaron…

Gerardo, avó de Alicia, que nos falou de personaxes das Lendas Galegas(gatipedro, trasno, tardo, Pedro Chosco,…) e da tradición oral.

Miguel, pai de Nakire, contounos “Xela, a superheroína de aldea”, un conto sobre a natureza e as aventuras que podemos vivir nela.

Estas dúas contadas poñen en valor o noso patrimonio cultural e natural, a necesidade de coidalo, valoralo e preservalo para as vindeiras xeracións.

Moitas grazas polas vosas lecturas e por compartir con nós o voso tempo!!!

15 mar 2023

LECTURA E FAMILIAS CON PABLO OTERO

Continuamos coas actividades do programa "Lectura e Familias". Agora é o turno dunha actividade de creación en familia.

Este segundo obradoiro titúlase “Libros de familia”, a cargo do ilustrador e artista visual PABLO OTERO.

Imos facer un libro obxecto artesán e de familia que recolla unha historia sinxela, a vosa historia, a que queirades contar e que poderemos ilustrar, decorar,….empregando diferentes materiais e formatos. O resultado final, o noso libro, levarémolo para casa.

Pablo, explicaranos como facelo con exemplos visuais, ofrecendo ideas e proporcionando recursos.

Día: xoves 30 de marzo.

Lugar: Biblioteca.

Horario: de 16,00h a 18,00h.

As familias interesadas deberán anotarse ata o mércores 29 de marzo no correo bibliotecaseisdonadal@gmail.com indicando o voso nome e o curso do voso fillo/filla.

Animádevos!!!

13 mar 2023

RETOS ODS: MARZO

Neste mes de marzo traballamos o Obxectivo ODS Nº5: Igualdade de Xénero.

A igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible.

A pesar de que se conseguiron moitos avances nestas últimas décadas, aínda existen moitas dificultades, xa que as leis e as normas sociais discriminatorias continúan sendo xeneralizadas.

Algunhas das metas que persegue este obxectivo teñen que ver con poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo, eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, e asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis decisorios na vida política, económica e pública.

Tendo isto en conta, no reto deste mes teredes que elixir unha noticia actual (vista na televisión ou nun xornal) que fale sobre o futuro relacionado coas mulleres en xeral ou con algunha muller en particular. Cóntanos que noticia é, se cres que será posible e por que.

Os traballos que fagades  podedes deixalos na biblioteca ou envialos ao correo  

bibliotecaseisdonadal@gmail.com

11 mar 2023

ESCRIBINDO O 8M

Ao longo desta semana con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, realizamos diversas actividades e achegámonos ao coñecemento de mulleres que cambiaron o noso futuro grazas as súas aportacións en diferentes ámbitos das STEAM.

Cada aula investigou sobre unha muller vinculada a temática do noso proxecto documental e crearon un acróstico co seu nome realizando unha composición plástica.

Exposición temática cunha selección de lecturas sobre mulleres valentes, pioneiras, fortes,... que estiveron a disposición do profesorado para poder traballar con elas.

Visita do Comando Igualdade formado por alumnado do IES Alexandre Bóveda. Impartiron unha charla a 6º de Primaria na que nos explicaron como se pode formar parte del, cando se reúnen e, o máis importante, o que fan, xa que este dedica un ratiño a semana a falar sobre temas de igualdade que poden ser dende problemas que estean vivindo ou que observan no seu entorno para axudarse e escoitarse.

Xincana da Igualdade en Edº Infantil, na que realizamos diferentes xogos sobre mulleres deportistas.

8 mar 2023

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero”, recoñece e homenaxea ás mulleres e ás nenas e as organizacións de mulleres e feministas que están loitando polo avance da tecnoloxía transformadora e polo acceso á educación dixital.

Explorará os efectos da fenda dixital de xénero no crecemento das desigualdades sociais e económicas. Tamén porá de relevo a importancia de protexer os dereitos das mulleres e as nenas nos espazos dixitais e de abordar a violencia de xénero en liña e a facilitada polas novas tecnoloxías da comunicación.

Incorporar de forma transformadora a perspectiva de xénero na innovación, a tecnoloxía e a educación dixital axudaría a que as mulleres e as nenas tomen maior coñecemento sobre o seus dereitos e a potenciar o exercicio destos e o seu activismo. Os avances da tecnoloxía dixital ofrecen novas posibilidades para resolver os retos humanitarios e de desenrolo  para facer realidada os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

As crecentes desigualdades son cada vez máis evidentes no contexto das habilidades dixitais e o acceso ás tecnoloxías, unha fenda dixital que deixa atrás ás mulleres. Polo tanto, o desenvolvemento dunha educación dixital e inclusiva e unha tecnoloxía transformadora constitúe un requisito fundamental para un futuro sostible. 

Nun momento no que nos enfrontamos a múltiples crises globais, temos a posibilidade de crear un futuro mellor, non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.

7 mar 2023

ROBOTERAPIA NO SEIS CON NUKA

Recibimos a Silvia e Angel, traballadores do Centro de Día Atendo, e a catro usuarias Tusa, Teresa, Cristina e Consejo, que viñeron ao noso centro a presentarnos a actividade “Nuka na escola”.

A partir dunha presentación sobre Roboterapia (terapia que usa robots con forma de persoa ou animal para traballar con nenos/nenas e persoas maiores), explicáronnos moitas cousas e  presentáronnos a Nuka.

Pero, quen é Nuka? Nuka é unha cría de foca robot equipada con sensores que reacciona con sons e movementos ao contacto e a voz humana. Ven de Xapón e o seu creador é Takanori Shibata.

Todo o alumnado de 1º de Primaria tivo a oportunidade de peinar e acariciar á Nuka. Que momentos tan especiais poidemos desfrutar!!!

Foi un encontro interxeneracional máxico no que estivo moi presente o cariño, a complicidade e moitas apertas establecéndose entre todos e todas un vínculo emocional!!!

Ao remate, cada neno/nena recibiu como agasallo un debuxo para colorear.

Grazas por visitarnos e por ensinarnos este maravilloso proxecto!!!

6 mar 2023

AS FAMILIAS CONTAN

E continuamos coas contadas en Familia…

Hoxe recibimos a Ana Paula, nai de Eneko, de 4º de Educación Infantil, que nos contou “O gato que non quería ter pelo”. Acompañou a súa contada cunha marioneta e rematou, coa axuda do seu fillo, cantando unha canción sobre gatos!!!

Moitas grazas pola túa lectura e por compartir con nós o teu tempo!!!

“O gato que non quería ter pelo”, da Ed. Picantona, é unha divertida historia de como o enfurruñado e audaz gato Eusebio logrou desfacerse do seu pelame.