Continuamos coas xuntanzas dos Clubs de Lectura, nesta ocasión co grupo de 6º, que se reuniu o mércores 13 de marzo, para compartir experiencias lectoras sobre “Lúa do Senegal” de Agustín Fernández Paz.
Cóntanos a historia de Khoedi, unha nena
de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do
Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos
emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo
lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón
continúan en África.
O único lazo entre a nova realidade e o
mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve,
ademais, para marcar o paso do tempo.
Falamos de emigración, do desarraigo, do
respecto, da aceptación… pero tamén da importancia de contar historias e da
narración oral.
A valoración deste libro foi moi boa. Continuaremos gozando de cada nova historia e de compartir xuntos as emocións que nos provocan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario