26 mar 2024

CONTADAS EN FAMILIA

Neste mes de marzo continuamos coas contadas en familia.

Grazas por compartir as lecturas e o voso tempo con nós!!!

Santi, pai de Roi, 4º Edº Infantil, contounos un conto de humor sobre o dereito a ser diferente, ”Un can” acompañado de globoflexia.

Aurora, nai de Andrés (3º Primaria) e Marta(1ºPrimaria), contounos “A historia dos bonobos con lentes” e “Artur e Clementina” para o 8 de marzo.

Diego, pai de Erea, 4º Edº Infantil, a historia de Moira, unha bruxa, que descubriu a forma de facer que a maxia que levaba dentro estalase, “Erase unha vez a vasoira dunha bruxa”.

Helga, nai de André e Emma, 6º Edº Infantil, falounos de Luuume!”. Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Raquel, nai de Brais, 4º Edº Infantil, un conto popular, “A galiña Roxa”. A galiña atopou uns grans de trigo, sementounos, recolleu a colleita, foi ao muíño, forneou o pan... Pero nin o can, nin o gato nin o pato lle axudaron.

Miguel, pai de Nakire, 4º Primaria, A selva de Ngorongón é unha selva ben curiosa onde o misterio é un máis dos seus habitantes. Así que haberá que andar con tino… “Misterio na selva de Ngorongón”.

Ana Paula, nai de Eneko, 5º Edº Infantil, “Violeta ás agachadas”. Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.

Sonia, nai de Diego, 2º Primaria, “¿Qué haces con una idea?”. Esta é a historia dun neno, dunha brillante idea e de como conseguir enseñala a todo o mundo.

Luis, pai de Carmen, 4º Edº Infantil, o conto do lobo que soprou e soprou e a casa derrubou…”Os tres porquiños”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario