O martes 27 de Febreiro, a fantástica actriz, cantante e bailarina, ARIADNA SANTANA, asistiu ao noso cole para representar, por primeira vez na nosa historia, unha marabillosa obra de teatro en inglés: "Paquita en Londres" para os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Paquita,
unha estranxeira andaluza en Londres, vai a unha axencia de viaxes para solicitar un
tour arredor da cidade… De súpeto, todo cambia cando o guía turístico enferma
da barriga e lle pide a Paquita un grande favor: que ocupe o seu lugar na
axencia porque un grupo de turistas moi importante (nenos/nenas voluntarios/as que
saíron ao escenario para interactuar con ela) estaban a punto de chegar e el
non podería atendelos.
Paquita, moi preocupada, contestoulle que ela non coñecía Londres e que o seu inglés era moi malo pero por arte de maxia, ao vestir a chaqueta do guía turístico, empezou a falar cun acento británico envidiable e saiu a ensinarlles aos turistas os puntos de referencia más importantes desta preciosa cidade a través de cancións tradicionais a da música dos Beatles.
Disfrutamos enormemente desta función porque aprendimos moitas curiosidades
sobre Londres e bailamos e cantamos con Paquita. Ademáis, non puidemos parar de
rir!
Agardamos
poder disfrutar pronto doutra obra de
teatro en inglés porque foi una experiencia inolvidable!
No blog de inglés podedes ver a mensaxe que a clase de 4ºC lle adica á actriz e a resposta dela.
https://learningtheropeswithlou.blogspot.com/2024/02/paquita-and-4c.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario