O martes 12 de marzo contamos coa presenza do escritor Pablo Nogueira para conversar sobre o seu libro “Ringo. Memorias dun coello fedello” coa clase de 3ºB.
Escomenzouse cunha presentación que o
alumnado fixo sobre o autor que nos visita.
Nesta libro Pablo contanos a historia de
Ringo, un coello que traballaba cun mago no circo. A aventura trata temas como
a diversidade por iso os personaxes que traballan no Circo Fantabuloso fuxen
dos estereotipos fomentando valores como a amizade, a empatía, a inclusión e a
igualdade.
Outro dos temas é o emprego da lingua cun vocabulario rico e os xogos coa linguaxe.
Tamén houbo tempo para as preguntas e as
curiosidades que a lectura do libro espertou neles/nelas.
Rematou asinando nos libros cunhas
fermosas dedicatorias.
Moitas grazas Pablo por compartir o teu tempo con nós e facernos pasar un rato tan agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario