1 feb 2023

CONTACONTOS POLA PAZ

voluntariado da Biblioteca preparou dúas lecturas para contar ao alumnado de 2º de Primaria pola Semana da Paz, coas que reflexionamos e pensamos que hai que seguir traballando para acadar unha convivencia pacífica e un futuro de solidariedade, igualdade, tolerancia e respecto.

                        Grazas polo voso traballo!!!

Os libros seleccionados foron:

Imagine, Ed. Flamboyant

É un álbum infantil sobre os valores da paz e a tolerancia. Coa letra da inmortal canción de John Lennon e prólogo de Yoko Ono en colaboración con Amnistía Internacional.

Fronteiras de papel, Antela Editorial

Con este libro achegan unha historia, similar a moitas outras vividas polos milleiros de migrantes que hoxe atravesan o mundo, que a miúdo atopan obstáculos, moitos deles simbolizados na burocracia que expulsa e crea fronteiras entre as persoas, fronteiras de papel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario