O 2 de febreiro celébrase o Día da Candeloria ou Día das Candeas. É unha das festividades do ciclo invernal, no momento no que medran os días e comeza o renacer da natureza.
O refraneiro popular di “A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, para lembrarnos que no mes de febreiro casan os paxariños, emparéllanse para facer os seus niños e comenza o retorno das aves migratorias como preludio da primavera.
Do 2 ao 10 de febreiro celebraremos na biblioteca o amor pola lectura cunha actividade moi especial, CITA A
CEGAS CUN LIBRO.
Atréveste a elexir un libro sin ver o título?
Só tes que pasar pola biblioteca nos recreos e coller o libro que queres. Os libros están envoltos en papel de periódico e con corazóns de cores que indican a idade a que está dirixido. Non teñen nin título, nin autor/autora, nin imaxes, nin pistas,... para que non poidas saber que hai no seu interior: aventuras, misterio,...
Non esquezas!!!…Non debes abrilo ata chegar a casa!!!
Ponte cómodo no teu recanto favorito, abre o papel e….Sorpresa!! Descubre historias que te namorarán!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario